ACTIVIDADES E SERVIZOS

Actividades e mostra de xogos tradicionais e populares, para nenxs e maiores a cargo da Asociación Galega de xogos tradicionais e populares.

No embalse do Navia, a partir das 16:00h, poderás disfrutar de CIRCUITOS EN KAYAC para coñecer os encantos da zona dende a auga. 


Así como participar na II ECO-COMPETICIÓN EN CANOA con PREMIOS para xs gañadorxs.

En todas as actividades é necesario reservar con antelación por teléfono, para non quedar sen praza, e escoller de antemán a embarcación adecuada.

KALYAVENTURA
985 97 81 46
689 56 56 40

ATA O 20 DE XULLO O PREZO DE RESERVA SERÁ DE 15€/PERSOA CANOA COMPARTIDA, 18€/PERSOA CANOA INDIVIDUAL con todo o material necesario para as actividades.

Para máis información, pinchar na imaxe.  

Celebración dun mercado composto por produtos locais, ecolóxicos, tradicionais e artesanía; e postos de comida e bebida locais para poder merendar ou cear.

Colabora coa organización, consume na barra e os nosos produtos :)

Este festival xorde cunha finalidade dinamizadora, para poñer en valor a riqueza patrimonial, natural, etnográfica e cultural desta zona da Reserva da Biosfera río Eo, Oscos e terras de Burón. © 2018 ADN / Asociación para o desenrolo de Negueira de Muñiz
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar