MÚSICA EN DIRECTO

BANDA CREBINSKY

Folk, klezmer, jazz...

Fernando Abreu (clarinete e voz), Xacobe Lamas (violín), Vadim Yukhnévich (voz e acordeón), Enrique Otero (teclados e voz), Pablo Carrera (guitarra e voz), Pablo Pérez (composicións e contrabaixo), Miguel Queixas, (batería), Sergio Zearreta (voz) 

Banda Crebinsky é unha formación directamente vinculada ao mundo do cine, unha "pequena orquestra popular surxida dun universo imaxinario" como se autodefinen, cercana en moitos aspectos a Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra.


LOS PONTIAKS

Hot Rod´n´Roll, Mambo, Exotica... 

Billy King (batería), Mr. Cobra (contrabaixo) y André Loud-Rider (guitarra). 

Formados en Vigo a mediados de 2014. Crean un son persoal e unhas cancións nas que misturab Boogie, Rock´n´Roll clásico dos 50´, Exótica e Swing. En directo, enfundados nos seus esmóquines , con as súas máscaras de calavera e os seus cascos prusianos, son un combo rítmico e compacto que desgranan canción tras canción, mentras non podes deixar de bailar e moverte mentras converten os seus concertos en auténticas festas.

CANDORKA TRIO

Música folk 

Brais Monxardín, Vadim Yukhnevich, Miguel Anxo López

Trátase dunha proposta contemporánea que abrangue do son máis enérxico até o intimista e que aposta pola modernidade sen renunciar a melodías que aínda conservan a capacidade para definirnos nun mundo cada vez máis global. 

FONSAGRADA é o seu primeiro traballo, onde conxugan o repertorio gaitístico e vocal da comarca da Fonsagrada con sonoridades que proceden do jazz europeo, o rock ou a vertente clásica. 

IRIA ESTEVEZ

Fado, cantiga galega

Iria Estévez (voz) e Gonzo Piña (guitarra). 

Iria Estévez é a vocalista e alma de CLAVE DE FADO. Gonzo é outro dos pilares do grupo, xa que é o compositor de varios temas do repertorio.

Este é un proxecto centrado na lusofonía (fado, cantiga galega, morna, etc), pero abrindo portas a outras músicas venidas de terras lontanas e non tan lontanas (Francia, Cuba, México, Euskadi, etc).

Música tradicional

Acompañando ás actividades e o mercado.

DJ

Música de festa e de todos os estilos despois dos concertos.

Este festival xorde cunha finalidade dinamizadora, para poñer en valor a riqueza patrimonial, natural, etnográfica e cultural desta zona da Reserva da Biosfera río Eo, Oscos e terras de Burón. © 2018 ADN / Asociación para o desenrolo de Negueira de Muñiz
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar