MÚSICA EN DIRECTO
BANDA CREBINSKY
Folk, klezmer, jazz...
Fernando Abreu (clarinete e voz), Xacobe Lamas (violín), Vadim Yukhnévich (voz e acordeón), Enrique Otero (teclados e voz), Pablo Carrera (guitarra e voz), Pablo Pérez (composicións e contrabaixo), Miguel Queixas, (batería), Sergio Zearreta (voz)
Banda Crebinsky é unha formación directamente vinculada ao mundo do cine, unha "pequena orquestra popular surxida dun universo imaxinario" como se autodefinen, cercana en moitos aspectos a Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra.
LOS PONTIAKS
Hot Rod´n´Roll, Mambo, Exotica...
Billy King (batería), Mr. Cobra (contrabaixo) y André Loud-Rider (guitarra).Formados en Vigo a mediados de 2014. Crean un son persoal e unhas cancións nas que misturab Boogie, Rock´n´Roll clásico dos 50´, Exótica e Swing. En directo, enfundados nos seus esmóquines , con as súas máscaras de calavera e os seus cascos prusianos, son un combo rítmico e compacto que desgranan canción tras canción, mentras non podes deixar de bailar e moverte mentras converten os seus concertos en auténticas festas.
CANDORKA TRIO
Música folk
Brais Monxardín, Vadim Yukhnevich, Miguel Anxo López
Trátase dunha proposta contemporánea que abrangue do son máis enérxico até o intimista e que aposta pola modernidade sen renunciar a melodías que aínda conservan a capacidade para definirnos nun mundo cada vez máis global.
FONSAGRADA é o seu primeiro traballo, onde conxugan o repertorio gaitístico e vocal da comarca da Fonsagrada con sonoridades que proceden do jazz europeo, o rock ou a vertente clásica.
IRIA ESTEVEZ
Fado, cantiga galega
Iria Estévez (voz) e Gonzo Piña (guitarra).
Iria Estévez é a vocalista e alma de CLAVE DE FADO. Gonzo é outro dos pilares do grupo, xa que é o compositor de varios temas do repertorio.Este é un proxecto centrado na lusofonía (fado, cantiga galega, morna, etc), pero abrindo portas a outras músicas venidas de terras lontanas e non tan lontanas (Francia, Cuba, México, Euskadi, etc).

Música tradicional
Acompañando ás actividades e o mercado.

DJ
Música de festa e de todos os estilos despois dos concertos.